2. UN MUNDO CHEO DE IMAXES Hoxe vivimos nun mundo cheo de imaxes As imaxes son un medio de expresión cultural e artística Pero tamén teñen outros usos: Entreter Informar Publicitar Xogar Cada día vemos miles de imaxes na rúa, na televisión, nos periódicos e revistas, nos ordenadores, etc.
3. ¿MIRAMOS ÁS IMAXES? Son tantas as que vemos ao longo do día que moitas veces non reparamos nelas Aínda que no s. XXI homes e mulleres entendemos mellor as imaxes que hai anos, a nosa obriga e ter unha mirada máis culta Coñecer un pouco a evolución das imaxes ao longo dos séculos fará que comprendamos mellor o que vemos hoxe O home comezou a elaborar imaxes hai moitos miles de anos
4. AS ORIXES Hai uns 30.000 anos o homo sapiens produciu as primeiras mostras de arte figurativo (pinturas en pedra e no propio corpo) Este feito coincide coa aparición do pensamento abstracto (pensar en algo sin ningún estímulo externo que o provoque ) Dende entón non se produciu no ser humano ningunha evolución fisiolóxica importante A evolución sufrida ata o momento actual é tan só cultural
5. O LUXO DA ARTE A arte xurde e desenvólvese nas sociedades que teñen resoltas cuestións como o alimento ou a vivenda A evolución da arte ao longo dos séculos ten sido moi lenta Só nos últimos séculos acelerouse este proceso PALEOLÍTICO EXIPTO ROMÁNICO RENACEMENTO S. XX
6. 1. ARTE PALEOLÍTICA As primeiras manifestacións artísticas documentadas proveñen casi todas de Europa Crese que a arte da época tiña unha función relixiosa A temática versaba sobre o home, os animais e o medio natural Pintura, gravado, relevo e estatuillas son as técnicas máis frecuentes A arte paleolítica en Europa Homo sapiens sapiens Dise que o Homo Sapiens Sapiens é o creador das artes plásticas A arte xurdiu cando xa resolveran cómo comer, vestirse e refuxiarse da intemperie En moitos casos a arte paleolítica foi dun gran valor estético e artístico
7. 2. EXIPTO E MESOPOTAMIA Nesta época (a partir de hai uns 3.000 anos) a arte perfecionouse Todavía está moi vinculada á relixión e ao faraón con contidos simbólicos e máxicos A pintura, pero sobre todo a escultura e a arquitectura, eran as principais artes O que máis lles preocupaba eran os símbolos, as formas e a composición A perspectiva era plana e sen volumen, como os debuxos que fan hoxe os cativos O home ou a muller máis importante pintábase máis grande inda que non o fora As raíñas e os faraóns sempre se representaban grandes e esbeltos, e non se lles podía debuxar gordos ou baixos
8. 3. GRECIA E ROMA Entre os séculos IV a. C. e IV d. C. conviviron as civilizacións grega e romana A arte de cada unha delas ten as súas peculiaridades, pero ambas destacaron pola súa proporcionalidade e perfección no debuxo A actual cultura occidental e a nosa forma de pensar é consecuencia directa destas dúas civilizacións A influencia da arte desta época na Idade Media e no Renacemento é moi notable Os temas que representaron foron moi variados: paisaxes, bélicos, erotismo, retrato ... As imaxes que pintaban sobre todo nas paredes dos edificios tiñan falta de perspectiva, colores planos e figuras moi ríxidas
9. 4. A IDADE MEDIA Pintura románica Pintura gótica A Idade Media comprende catro períodos artísticos: Paleocristián, Bizantino, Románico e Gótico Cronolóxicamente desenvólvese entre o s.V e o s. XV A arte de toda esta época ten en común a dependencia da relixión Giorgio Vasari (pintor, arquitecto e historiador da arte italiano do s. XVI) calificou de "monstruosa e bárbara" a arte desta época porque a analizou desde o punto de vista estético A arte desta época tiña unha función pedagóxica As cousas eran belas en canto engrandecían a Deus Ao final da Idade Media, o Gótico supuxo un avance cara o Renacemento: menos dependencia relixiosa pero os gremios impoñían estrictas normas estéticas
10. 5. O RENACEMENTO Comprende o Quattrocento e o Cinquecento (ss. XV e XVI) O descubrimento de América rompe co teocentrismo medieval O novo ideal artístico baséase na ciencia grazas aos novos estudos sobre a perspectiva, a luz e a anatomía A escola de Atenas, de Rafael Sanzio A Gioconda de Leonardo da Vinci No Renacemento, pintar é representar ao mundo dacordo cos principios da razón Mediante as sombras e as luces facían que un lienzo plano tivera apariencia de un corpo saínte, como pregonaba Leonardo Alberti, no seu “Tratado da pintura”, di que as artes apréndense mediante a razón e o método, e que o seu único maestro é a práctica.
11. 6. MANIERISMO E BARROCO As fiandeiras, de Velázquez O enterro do conde Orgaz, de O Greco Nesta época a luz, as cores, o claroscuro e o realismo o foron todo Xurde nestos anos o tenebrismo, cunha iluminación lateral forte que crea volumen. O seu maestro foi Caravaggio (luz caravaggiesca) Con Velázquez (1599-1660) chegou a modernidade Na súa obra “As fiandeiras” representa o movemento da rueca como nunca se fixera nin se fixo ata moitos anos despois de man dos impresionistas, xa coa axuda da fotografía A pintura da época volveuse naturalista e dramática, e a perspectiva xa non dependeu só do tamano ou o ángulo visual, senón tamén do xeito de iluminar Velázquez, Rubens e Rembrandt foron os grandes mestres da luz no Barroco, todos eles influídos por Caravaggio
12. 7. NEOCLASICISMO E ROMANTICISMO A bañista de Valpiçon, de Ingres O Ángelus, de Millet No s. XIX xorden estes dous movementos que darán paso máis tarde ao Realismo e o Impresionismo No Neoclasicismo a liña volveu ser moi marcada, pero a luz e a sombra xa nunca abandoaron á pintura Volveuse ao ideal grego e romano, pero só no que se refire aos temas Goya pertence cronolóxicamente a esta época, pero a súa pintura ten un estilo persoal que o levou ás portas da arte moderna. Morreu en 1828, dous anos despois da invención da fotografía Realismo e Impresionismo xa coñeceron á fotografía e se serviron dela Os impresionistas conviviron coa fotografía e cos fotógrafos Monet e Ingres traballaron moitas veces con Nadar e aprendían uns de outros
13. 8. O SÉCULO XX Arte moi influenciada pola política e a sociedade do momento É unha época moi fecunda con moitas correntes efémeras que se solapan no tempo Diversas vangardas artísticas experimentaron con varias formas de representación Na pintura rompeuse coa perspectiva usada desde o Renacemento Tamén se abandona o realismo No s. XX a fotografía pasa a ser considerada como arte Aparece unha nova arte: o cine
14. A IMAXE HOXE A fotografía, o cine e a televisión dominan hoxe o mundo das imaxes A industria creada entre as tres, é enorme, move moitos cartos e sustenta moitos postos de traballo Nunca como hoxe estivo tan estendido o uso do vídeo e a fotografía Todos somos consumidores de centos de imaxes a diario A capacidade de persuasión das imaxes supera a da escritura Para que as imaxes superen a simple representación, hai que aprender a facelas do mesmo xeito que aprendemos a escribir Coñecer a historia e a evolución das artes visuais xunto coa reflexión sobre as imaxes que fagamos, non axudará a facelas mellor
15. ACTIVIDADES PARA A AULA Busca en internet retratos das diferentes épocas analizadas nesta presentación e debate en grupo as diferencias que atopedes no xeito de representalas Busca pinturas posteriores a 1850 e trata de averiguar as novidades xurdidas na forma de representar despois da invención da fotografía Busca retratos feitos por Monet e por Nadar e discute sobre as similitudes e diferencias atopadas Selecciona 5 fotos que che gusten feitas por ti ou polos teus amigos e averigua porqué che parecen mellores que outras