1. DEÍCTICOS EN GALEGO ANA CES ARES VANESSA FERNÁNDEZ SALGADO RAQUEL VILA AMADO
2. ADVERBIOS DE LUGAR Indican localización ou posición no espazo, no tempo ou noutras circunstancias: Deitaron o rebo acolá adiante . Elsa aprecia moito os viños de aquí (localización no espazo físico) Dun tempo para acá atópoa moi baixa. Como tiña tanta presa, deixei que a atenderan diante (localización temporal) Tenche no banco arriba de cincuenta millóns (uso nocional, de cantidade)
3. ORIENTACIÓNS Primaria : única á orixe, co punto de referencia creado en cada acto de fala e coincidente coa posición dos interlocutores Deixa esa bandexa aquí / deixa esa bandexa aí / deixa esa bandexa alí [orientación primaria: posición do locutor]. Canto tempo vai quedar aí contigo? [o. primaria: posición do alocutario] Dobre : respecto doutra entidade (secundaria) ou respecto da posición que ocupan os interlocutores (primaria) Derriba (de min) non vive ninguén, só hai faiados [o. primaria: posición do locutor]. Debaixo do piso de Ana abriron unha botica [o. secundaria: o piso de Ana]
4. ADVERBIOS DE ORIENTACIÓN PRIMARIA Localizan respecto dos participantes en cada acto de fala: aquí é ‘no lugar en que está o que fala’, aí ‘nese lugar’, alí ‘naquel lugar’; secundariamente poden localizar orientados a outra entidade ( para alá do río) Organízanse en torno a tres tipos de localización. Tomando como punto de referencia o locutor, indica proximidade ( podes pasar a noite aquí) , afastamento ( está alí na mesa ) e posición intermedia ( telo aí na mesa ). Tomando como punto de referencia o alocutario, indica proximidade a este ( vas estar aí cos teus avós ?), con independencia da distancia respecto do locutor. Pode tamén indicar lugar impreciso ( son de aí da parte de Santiago )
6. AÍ, AQUÍ, ALÍ Relación cos demostrativos aquí < ACCU-HIC, aí < AD + i, alí < AD-ILLIC Maior concreción na sinalización do lugar Aí úsase en todos os contextos Deixeinas aí, ese non é de aí Aquí e alí son formas propias da localización situacional, pero son extensivas e úsanse tamén nos restantes contextos Están aquí, vén aquí, foi desde aquí Vai alí, vino pasar por alí
7. ACÓ / ACÁ E ALÓ / ALÁ Conviven como formas sinónimas Variantes diatópicas: - acó : provincias da Coruña e Lugo e puntos polo norte da Coruña - acá : provincias de Pontevedra e Ourense - aló : provincias da Coruña e Lugo - alá : provincias de Pontevedra e Ourense e algúns puntos nas provincias de Lugo e da Coruña
8. Acó e aló empréganse como formas de orixe ou dirección, orientadas respecto do locutor ( vai aló, ven acó ) Acá e alá resérvanse para o tránsito ( xa non vén por acá ) Maior grao de imprecisión: suxestións evocadoras máis indefinidas ou difusas (aló enriba da montaña, alá fun)
9. Alá , por esa idea de imprecisión que contén, acaba por se ir achegando a un valor aproximativo equivalente a máis ou menos Van alá dezaseis anos, alá polas sete da tarde Alá ou aló máis pronome persoal indica falta de interese ou despreocupación Alá ti, alá eles
10. ACOLÁ Significado de alteridade ou contraste, ‘noutro lugar, xeralmente distanciado’; ás veces indica só un lugar moi afastado do locutor Vós seguide por alí que nos imos por acolá [alteridade] Eles vivían acolá embaixo [afastamento]
11. ADVERBIOS PRESENTATIVOS Presentan ou localizan alguén ou algo no contexto extraverbal, un no ámbito aquí e outro no ámbito aí Posúen grande plasticidade expresiva e semellan colocarnos os feitos narrados diante dos ollos e facérnolos vivir novamente Referidos ó contexto extralingüístico: - velaquí : anuncia algo que está a seguir (velaquí teñen vostedes os gañadores ) - velaí : refírese a algo dito anteriormente, reforzando a expresión de causa ( morreulle a muller, velaí a razón da súa tristura )