LECTURA E COMPRENSIÓN DO TEXTO: “O acomodador” de Marcial Suárez 
JESÚS AMBOAGE GARCÍA 
1. ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN INICIAL.- 
Primeiramente falamos na aula sobre a súa relación actual co cine, a frecuencia coa que acoden a el e lembranzas positivas e negativas das súas experiencias nas salas de cine. Tamén falamos sobre ese antigo cine de Pontecesures, onde está situado, como era, se ouviran falar aos seus familiares sobre el, como se imaxinan que era... 
O obxectivo final da lectura é que nos proporcione ideas para entrevistar ao acomodador xubilado de Pontecesures, polo que deben intentar comprender ben todo o contido do texto. 
2. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL SOBRE DIFICULTADES INTRÍNSECAS AO TEXTO (ANEXO II): 
Formúlolles algunhas cuestións sobre vocabulario, norma léxica, coñecementos sobre a estrutura dun texto narrativo e sobre a época , o lugar e os feitos que se narran, sen axudarlles nas respostas nin ofrecerlles estratexias para que eles as resolvesen autonomamente. 
3. LECTURA INDIVIDUAL EN SILENCIO DO TEXTO E RESPOSTA INDIVIDUAL E SEN AXUDA DO PROFESOR AO CUESTIONARIO DE COMPRENSIÓN LECTORA (ANEXO IV) 
4. LECTURA EN ALTO POR PARTE DO PROFESOR E EXPLICACIÓN DALGUNHAS ESTRATEXIAS QUE LLES PODEN AXUDAR A COMPRENDER UN TEXTO NARRATIVO. REVISIÓN DAS SÚAS PROPIAS RESPOSTAS (ANEXO V). 
Propóñolles que revisen con outra cor as respostas que eles mesmos puxeron. Reflexionamos sobre algúns elementos centrais da historia, non só do argumento senón tamén do tempo, perspectiva narrativa, temas... 
5. CORRECCIÓN ENTRE TODOS DO CUESTIONARIO. 
Avaliación por parte miña dos resultados. 
6. PROPOSTA DE TRANSCODIFICACIÓN: DA LECTURA Á ESCRITURA: 
Consiste na segunda parte da miña avaliación. Trátase de saber en que medida o alumnado pode aplicar o que comprendeu da lectura na creación dun texto propio doutra natureza. Propóñolles que redacten un epitafio para o proganista, o acomodador- enterrador Macabeu, coma se quen o redactase fose o narrador da historia, recollendo os seus sentimentos. 
Posteriormente propóñolles que seguindo o que lles aportou a lectura, pensen o cuestionario que elaborarían eles/as para entrevistar ao acomodador xubilado de Pontecesures. 
ANEXO I: CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL
NOME E APELIDOS: 
1. Nos anos previos á educación primaria, era habitual que teus pais che lesen contos, poemas ou outros textos infantís? 
a) Case todos os días 
b) Con certa frecuencia 
c) Case nunca 
d) Nunca 
2. Dirías que existe hábito de lectura no teu ámbito familiar máis próximo? 
a) Moito en todos os membros. 
b) Moito en algún membro. 
c) Algo en todos os membros. 
d) Algo en algún membro. 
e) Nada 
3. Dende que aprendiches a ler na escola, les pola túa conta libros, xornais ou revistas non obrigados polo profesorado? 
a) Cando estaba en primaria si, pero agora non. 
b) En primaria non, pero agora si, con frecuencia. 
c) En primaria non, pero agora de vez en cando. 
d) Nunca. 
4. No caso de que leas pola túa conta, que tipo de lecturas son da túa preferencia? Podes marcar varias opcións: 
a) Novela ou conto 
b) Poesía. 
c) Textos de carácter científico (bioloxía, historia, física, tecnoloxía...) 
d) Xornais 
e) Prensa deportiva 
f) Outro tipo de revistas (sinalar cales) 
g) Textos de internet (blog, wikipedia....) 
5. Das lecturas obrigadas dende a escola, houbo algunhas que che resultaron pracenteiras? 
a) En xeral os textos que teño que estudar para a materia de.................. 
b) Algún que outro texto que teño que estudar na materia de...... 
c) En xeral as novelas ou contos da materia de galego/castelán 
d) Algunha das novelas ou contos da materia de galego/castelán (indica algunha) 
6. Anotacións do profesor:
ANEXO II: AVALIACIÓN INICIAL DE DIFICULTADES INTRÍNSECAS AO TEXTO 
NOME E APELIDOS: 
DIFICULTADES CO CÓDIGO LINGÜÍSTICO: 
1. Explica o significado de: 
BUFARDA 
REMORSO 
RENQUEANTE 
ARREO 
GAIOTE 
GUIZOS 
GABÁN 
MORNA 
CICHADA 
2. Que cres que indican as frases feitas: 
FABAS CONTADAS 
FACERLLE UNHA XUDIADA A ALGUÉN 
HABER UNHA BABILONIA NUN LUGAR 
3. Como poñerías estas palabras ou expresións en galego normativo? 
UNHA IRMÁ DIL 
DIRON AS SETE 
TEÑO QUE ENCOMENZAR 
SEN QUITARLLE A VISTA A NAIDES 
DIFICULTADES COAS REFERENCIAS CULTURAIS LATENTES NO TEXTO 
1. Sabes algo de Allariz? 
2. A que se dedica o acomodador nun cine? E o operador? 
3. Viches en foto ou en película algún cine antigo dunha vila galega ou española? 
4. Como se anunciaban antigamente as películas nestas vilas? 
5. Que tipo de narradores pode haber nun relato? 
6. Saberías inventar un exemplo de "elipse" ou salto temporal nun relato? 
7. Un texto narrativo pode incluír tamén descricións? Inventa algún exemplo. 
8. Un texto narrativo pode incluír reflexións ou digresións do autor? Inventa algún exemplo. 
TEXTO: O acomodador, Marcial Suárez, ed. Diario 16, Vigo, 1992
ANEXO III:
Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez
ANEXO IV: CUESTIONARIO INICIAL DE COMPRENSIÓN 
NOME E APELIDOS: 
1. COMPRENDER O LIDO: 
a) Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións, razoando a resposta no caso de seren falsas: 
-O narrador do relato non interveu na historia que nos conta. 
-Ao inicio o narrador expón como era o cine de Allariz cando era novo, non como era cando escribiu o relato. 
-A hora de entrada ao cine anunciábase cun timbrazo que duraba uns 10 minutos. 
-Había dous tipos de entradas: as do galiñeiro, máis baratas, e as das butacas, máis caras. 
-Como o galiñeiro sempre se enchía, ao final mandaban xente para completar o patio de butacas. 
b) Por que un día tardou en comezar a función? Quen mandou que se retrasase? 
c) Cal foi o castigo adoptado polo acomodador para o Arturo? 
d) En que consistiu a trasnada que tramaron os rapaces para vingarse do acomodador? 
e) Repetiuse máis veces este castigo con outros rapaces? 
f) A que outros traballos se adicaba o acomodador? 
2. ORGANIZAR A INFORMACIÓN: 
a) Elabora un cadro-resumo no que distingas as partes nas que se pode dividir o relato e os feitos que se contan en cada un deles: 
PARTE Nº 
Dende…Ata… 
FEITO QUE SE CONTA (CADA UN NON PODE SUPERAR AS DÚAS LIÑAS)
3. INTERPRETAR O CONTIDO: 
1. Que relación ten a expresión “fabas contadas” coa distribución dos espectadores no cine? 
2. Por que cres que os mozos do galiñeiro se dirixen ao acomodador en castelán sendo que falaban habitualmente en galego? 
3. Como explicas a referencia á carreira espacial de Rusia e os Estados Unidos para explicar a duración do timbrazo que anunciaba o inicio da proxección? 
4. Por que razón cres que o operador esperou a que chegase o Ricardiño para que comezase a proxección? 
5. Cales cres que son as razóns de fondo de que os mozotes do galiñeiro comezasen a berrar porque non comezaba a película? 
6. Cres que as medidas adoptadas polo acomodador para que calasen ese día os mozos deron resultado? 
7. Con que cres que o pasaban mellor os rapaces, co que sucede no local do cine ou coa película? Selecciona unha frase dita por eles que xustifique a túa resposta. 
8. Cita brevemente os dous temas ou mensaxes máis importantes que che pareza que transmite o autor con este relato: 
- 
- 
9. Polo que se desprende do final do relato, suliña cales eran os sentimentos dos rapaces, e do narrador en especial, cara ao acomodador. 
RESENTIMENTO ODIO PENA DESPREZO 
MEDO CARIÑO 
4. XULGAR O LIDO: 
1. Consideras xusto que os rapaces se vingasen de Macabeu? Por que? 
2. Cres que é importante que haxa orde e disciplina no cine? E na escola? 
3. Cres que o castigo do profesorado ao alumnado é necesario e proveitoso? Pode evitarse? De que maneira? 
4. Que medidas cres que se deben adoptar para mellorar a convivencia nun centro de ensino?
ANEXO V: ESTRATEXIAS QUE NOS PODEN AXUDAR A MELLORAR A COMPRENSIÓN DO TEXTO 
1. PARA A COMPRENSIÓN DO LIDO E PARA ORGANIZAR A INFORMACIÓN. 
-Fai unha lectura en silencio pausada. 
-Se comprobaches que tes dificultades con algún vocabulario do texto, no caso de que non teñas acceso a un dicionario, intenta sempre extraer o seu sentido polo contexto. Tamén podes intentar lembrar palabras da mesma familia léxica que che poidan axudar a supoñer o significado. En moitos casos, non comprender palabras illadas non ten por que supor non entender o sentido global da idea. 
-Nun texto narrativo ten moita importancia decatarse cal é o narrador da historia e que coñecemos todo o sucedido a través da súa visión. 
-Fíxate tamén en que lugar e época transcorre a historia, intenta meterte nela como un personaxe máis. Imaxina que tes que escenificar na clase o sucedido con algúns compañeir@s máis. Como o farías? 
-Nun texto narrativo a información do sucedido organízase de acordo a unha secuencia temporal. Polo tanto tes que descubrir cal é a estrutura desa secuencia. Para iso é moi importante que te fixes en cada inicio de parágrafo nos indicadores temporais (adverbios de tempo, locucións adverbiais) e mais nos tempos verbais. Suliña estas palabras e intenta pasalas a un esquema como o do exemplo: 
PARTE Nº 
INDICADOR TEMPORAL 
DENDE....ATA 
SUCESO OU CONTIDO DO FRAGMENTO 
2 
Un día... 
Un día.....coma bestas! 
O acomodador expulsa do cine a un dos mozos do galiñeiro como castigo polo barullo que arman para protestar pola tardanza na proxección da película 
-No resumo dos sucesos intenta ser breve, aportando só os datos estritamente necesarios para entender a historia. 
-Repara en que nun texto narrativo soe haber partes máis descritivas (de espazos ou personaxes), outras propiamente narrativas (onde sucede algo) e outras nas que se fan reflexións ou digresións sobre o sucedido. Distíngueas ben no esquema anterior. 
2. PARA INTERPRETAR O TEXTO. 
-Neste texto narrativo o suceso que se conta é autobiográfico: a perspectiva do narrador e do autor coincide. Intenta revisar do esquema que fixeches antes que apartados responden a unha reflexión do autor e cales a sucesos obxectivos. 
-Nun relato sempre subxacen ideas de fondo sobre as que o autor/a nos fai reflexionar. É o que se chama o tema e os motivos temáticos do relato. Para descubrilos temos que ir máis alá do suceso e pensar por que ocorreu iso, que consecuencias trouxo que ocorrese iso, que solucións aporta a un conflito, etc. Os temas enúncianse con oracións breves aplicables a máis feitos que os que se contan no relato que lemos e axúdannos a interpretar a fondo o texto. Algúns exemplos son: "Os privilexios e as desigualdades sociais xeran conflitos", "A
nostalxia dos recordos fai que episodios conflitivos se tingan de tenrura"... Pensa ti algún máis, facéndote máis preguntas sobre o que ocorre no relato. 
3. PARA XULGAR O LIDO 
-Nun cadro esquematiza o que para ti estivo mal e ben no comportamento dos distintos personaxes: 
ESTIVO BEN QUE... 
ESTIVO MAL QUE... 
MOZOTES DO GALIÑEIRO 
MACABEU 
OPERADOR 
-Intenta extrapolar estes comportamentos a outras situacións distintas da vida, como por exemplo ao que sucede na escola, no fogar familiar...comparando as reaccións deses personaxes cos que ti ves na vida real e extrae conclusións. 
4. FINALMENTE, PARA COMPROBAR QUE ENTENDICHES BEN O CONTO, IMOS ESCRIBIR ALGO: 
-Comezaremos por pensar que ti es o escritor deste conto e queres ter unha lembranza para o Macabeu unha vez que morreu. Redacta o epitafio que recolla os sentimentos que o autor tranmite na parte final da historia. Lembra que ten que ser moi breve, unha liña aproximadamente.: 
-E para rematar, o obxectivo de toda esta actividade. Sabedes que aínda vive a persoa que se dedicou a acomodador do cine da vila durante moitos anos. Agora xa é unha persoa retirada. Que preguntas lle fariades se vos concedese unha entrevista? Aproveitade todos os coñecementos e reflexións que extraestes da lectura.

More Related Content

DOC
Coherencia textual
KEY
Helena villar janeiro
PPSX
Contos, xogos e intercultura
PDF
Miguel Suárez Abel
PDF
Domingo villar
PDF
Yolanda castaño
PDF
Agustín fernández paz
PDF
Suso de toro
Coherencia textual
Helena villar janeiro
Contos, xogos e intercultura
Miguel Suárez Abel
Domingo villar
Yolanda castaño
Agustín fernández paz
Suso de toro

Viewers also liked (12)

PPT
Ramón Cabanillas
PPT
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
PPT
As vangardas en galicia
PDF
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
PPT
1. a poesía das irmandades da fala
PPT
Narrativa de posguerra
PDF
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
PPTX
Violencia de xénero
PPT
Poesia social
PPT
Castelao
PPT
Literatura galega (1900-1936)
PPT
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
Ramón Cabanillas
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
As vangardas en galicia
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
1. a poesía das irmandades da fala
Narrativa de posguerra
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Violencia de xénero
Poesia social
Castelao
Literatura galega (1900-1936)
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
Ad

Similar to Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez (20)

PPTX
"De Flaherty a Vardá"
PDF
Actividades III. Recalada
PDF
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
PDF
Os microrrelatos (guía)
PPTX
Como construír un texto
PDF
Agustín fernández paz
PPT
Escribir para aprender
PPTX
Actividades sobre o diálogo
PDF
Entrevista a Ramón Caride
PDF
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
PPT
Reunión pais outubro2017
PPT
Reunión pais outubro2017
PDF
Ficha tarefa Canicópolis
PDF
Littlewhiterabbit
PDF
K:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
PDF
Paco Martín
PDF
Rosa aneiros
PPT
Unha historia para contar
PDF
Martinez oca
PDF
Olimpio arca
"De Flaherty a Vardá"
Actividades III. Recalada
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
Os microrrelatos (guía)
Como construír un texto
Agustín fernández paz
Escribir para aprender
Actividades sobre o diálogo
Entrevista a Ramón Caride
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
Ficha tarefa Canicópolis
Littlewhiterabbit
K:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
Paco Martín
Rosa aneiros
Unha historia para contar
Martinez oca
Olimpio arca
Ad

Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

  • 1. LECTURA E COMPRENSIÓN DO TEXTO: “O acomodador” de Marcial Suárez JESÚS AMBOAGE GARCÍA 1. ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN INICIAL.- Primeiramente falamos na aula sobre a súa relación actual co cine, a frecuencia coa que acoden a el e lembranzas positivas e negativas das súas experiencias nas salas de cine. Tamén falamos sobre ese antigo cine de Pontecesures, onde está situado, como era, se ouviran falar aos seus familiares sobre el, como se imaxinan que era... O obxectivo final da lectura é que nos proporcione ideas para entrevistar ao acomodador xubilado de Pontecesures, polo que deben intentar comprender ben todo o contido do texto. 2. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL SOBRE DIFICULTADES INTRÍNSECAS AO TEXTO (ANEXO II): Formúlolles algunhas cuestións sobre vocabulario, norma léxica, coñecementos sobre a estrutura dun texto narrativo e sobre a época , o lugar e os feitos que se narran, sen axudarlles nas respostas nin ofrecerlles estratexias para que eles as resolvesen autonomamente. 3. LECTURA INDIVIDUAL EN SILENCIO DO TEXTO E RESPOSTA INDIVIDUAL E SEN AXUDA DO PROFESOR AO CUESTIONARIO DE COMPRENSIÓN LECTORA (ANEXO IV) 4. LECTURA EN ALTO POR PARTE DO PROFESOR E EXPLICACIÓN DALGUNHAS ESTRATEXIAS QUE LLES PODEN AXUDAR A COMPRENDER UN TEXTO NARRATIVO. REVISIÓN DAS SÚAS PROPIAS RESPOSTAS (ANEXO V). Propóñolles que revisen con outra cor as respostas que eles mesmos puxeron. Reflexionamos sobre algúns elementos centrais da historia, non só do argumento senón tamén do tempo, perspectiva narrativa, temas... 5. CORRECCIÓN ENTRE TODOS DO CUESTIONARIO. Avaliación por parte miña dos resultados. 6. PROPOSTA DE TRANSCODIFICACIÓN: DA LECTURA Á ESCRITURA: Consiste na segunda parte da miña avaliación. Trátase de saber en que medida o alumnado pode aplicar o que comprendeu da lectura na creación dun texto propio doutra natureza. Propóñolles que redacten un epitafio para o proganista, o acomodador- enterrador Macabeu, coma se quen o redactase fose o narrador da historia, recollendo os seus sentimentos. Posteriormente propóñolles que seguindo o que lles aportou a lectura, pensen o cuestionario que elaborarían eles/as para entrevistar ao acomodador xubilado de Pontecesures. ANEXO I: CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL
  • 2. NOME E APELIDOS: 1. Nos anos previos á educación primaria, era habitual que teus pais che lesen contos, poemas ou outros textos infantís? a) Case todos os días b) Con certa frecuencia c) Case nunca d) Nunca 2. Dirías que existe hábito de lectura no teu ámbito familiar máis próximo? a) Moito en todos os membros. b) Moito en algún membro. c) Algo en todos os membros. d) Algo en algún membro. e) Nada 3. Dende que aprendiches a ler na escola, les pola túa conta libros, xornais ou revistas non obrigados polo profesorado? a) Cando estaba en primaria si, pero agora non. b) En primaria non, pero agora si, con frecuencia. c) En primaria non, pero agora de vez en cando. d) Nunca. 4. No caso de que leas pola túa conta, que tipo de lecturas son da túa preferencia? Podes marcar varias opcións: a) Novela ou conto b) Poesía. c) Textos de carácter científico (bioloxía, historia, física, tecnoloxía...) d) Xornais e) Prensa deportiva f) Outro tipo de revistas (sinalar cales) g) Textos de internet (blog, wikipedia....) 5. Das lecturas obrigadas dende a escola, houbo algunhas que che resultaron pracenteiras? a) En xeral os textos que teño que estudar para a materia de.................. b) Algún que outro texto que teño que estudar na materia de...... c) En xeral as novelas ou contos da materia de galego/castelán d) Algunha das novelas ou contos da materia de galego/castelán (indica algunha) 6. Anotacións do profesor:
  • 3. ANEXO II: AVALIACIÓN INICIAL DE DIFICULTADES INTRÍNSECAS AO TEXTO NOME E APELIDOS: DIFICULTADES CO CÓDIGO LINGÜÍSTICO: 1. Explica o significado de: BUFARDA REMORSO RENQUEANTE ARREO GAIOTE GUIZOS GABÁN MORNA CICHADA 2. Que cres que indican as frases feitas: FABAS CONTADAS FACERLLE UNHA XUDIADA A ALGUÉN HABER UNHA BABILONIA NUN LUGAR 3. Como poñerías estas palabras ou expresións en galego normativo? UNHA IRMÁ DIL DIRON AS SETE TEÑO QUE ENCOMENZAR SEN QUITARLLE A VISTA A NAIDES DIFICULTADES COAS REFERENCIAS CULTURAIS LATENTES NO TEXTO 1. Sabes algo de Allariz? 2. A que se dedica o acomodador nun cine? E o operador? 3. Viches en foto ou en película algún cine antigo dunha vila galega ou española? 4. Como se anunciaban antigamente as películas nestas vilas? 5. Que tipo de narradores pode haber nun relato? 6. Saberías inventar un exemplo de "elipse" ou salto temporal nun relato? 7. Un texto narrativo pode incluír tamén descricións? Inventa algún exemplo. 8. Un texto narrativo pode incluír reflexións ou digresións do autor? Inventa algún exemplo. TEXTO: O acomodador, Marcial Suárez, ed. Diario 16, Vigo, 1992
  • 6. ANEXO IV: CUESTIONARIO INICIAL DE COMPRENSIÓN NOME E APELIDOS: 1. COMPRENDER O LIDO: a) Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións, razoando a resposta no caso de seren falsas: -O narrador do relato non interveu na historia que nos conta. -Ao inicio o narrador expón como era o cine de Allariz cando era novo, non como era cando escribiu o relato. -A hora de entrada ao cine anunciábase cun timbrazo que duraba uns 10 minutos. -Había dous tipos de entradas: as do galiñeiro, máis baratas, e as das butacas, máis caras. -Como o galiñeiro sempre se enchía, ao final mandaban xente para completar o patio de butacas. b) Por que un día tardou en comezar a función? Quen mandou que se retrasase? c) Cal foi o castigo adoptado polo acomodador para o Arturo? d) En que consistiu a trasnada que tramaron os rapaces para vingarse do acomodador? e) Repetiuse máis veces este castigo con outros rapaces? f) A que outros traballos se adicaba o acomodador? 2. ORGANIZAR A INFORMACIÓN: a) Elabora un cadro-resumo no que distingas as partes nas que se pode dividir o relato e os feitos que se contan en cada un deles: PARTE Nº Dende…Ata… FEITO QUE SE CONTA (CADA UN NON PODE SUPERAR AS DÚAS LIÑAS)
  • 7. 3. INTERPRETAR O CONTIDO: 1. Que relación ten a expresión “fabas contadas” coa distribución dos espectadores no cine? 2. Por que cres que os mozos do galiñeiro se dirixen ao acomodador en castelán sendo que falaban habitualmente en galego? 3. Como explicas a referencia á carreira espacial de Rusia e os Estados Unidos para explicar a duración do timbrazo que anunciaba o inicio da proxección? 4. Por que razón cres que o operador esperou a que chegase o Ricardiño para que comezase a proxección? 5. Cales cres que son as razóns de fondo de que os mozotes do galiñeiro comezasen a berrar porque non comezaba a película? 6. Cres que as medidas adoptadas polo acomodador para que calasen ese día os mozos deron resultado? 7. Con que cres que o pasaban mellor os rapaces, co que sucede no local do cine ou coa película? Selecciona unha frase dita por eles que xustifique a túa resposta. 8. Cita brevemente os dous temas ou mensaxes máis importantes que che pareza que transmite o autor con este relato: - - 9. Polo que se desprende do final do relato, suliña cales eran os sentimentos dos rapaces, e do narrador en especial, cara ao acomodador. RESENTIMENTO ODIO PENA DESPREZO MEDO CARIÑO 4. XULGAR O LIDO: 1. Consideras xusto que os rapaces se vingasen de Macabeu? Por que? 2. Cres que é importante que haxa orde e disciplina no cine? E na escola? 3. Cres que o castigo do profesorado ao alumnado é necesario e proveitoso? Pode evitarse? De que maneira? 4. Que medidas cres que se deben adoptar para mellorar a convivencia nun centro de ensino?
  • 8. ANEXO V: ESTRATEXIAS QUE NOS PODEN AXUDAR A MELLORAR A COMPRENSIÓN DO TEXTO 1. PARA A COMPRENSIÓN DO LIDO E PARA ORGANIZAR A INFORMACIÓN. -Fai unha lectura en silencio pausada. -Se comprobaches que tes dificultades con algún vocabulario do texto, no caso de que non teñas acceso a un dicionario, intenta sempre extraer o seu sentido polo contexto. Tamén podes intentar lembrar palabras da mesma familia léxica que che poidan axudar a supoñer o significado. En moitos casos, non comprender palabras illadas non ten por que supor non entender o sentido global da idea. -Nun texto narrativo ten moita importancia decatarse cal é o narrador da historia e que coñecemos todo o sucedido a través da súa visión. -Fíxate tamén en que lugar e época transcorre a historia, intenta meterte nela como un personaxe máis. Imaxina que tes que escenificar na clase o sucedido con algúns compañeir@s máis. Como o farías? -Nun texto narrativo a información do sucedido organízase de acordo a unha secuencia temporal. Polo tanto tes que descubrir cal é a estrutura desa secuencia. Para iso é moi importante que te fixes en cada inicio de parágrafo nos indicadores temporais (adverbios de tempo, locucións adverbiais) e mais nos tempos verbais. Suliña estas palabras e intenta pasalas a un esquema como o do exemplo: PARTE Nº INDICADOR TEMPORAL DENDE....ATA SUCESO OU CONTIDO DO FRAGMENTO 2 Un día... Un día.....coma bestas! O acomodador expulsa do cine a un dos mozos do galiñeiro como castigo polo barullo que arman para protestar pola tardanza na proxección da película -No resumo dos sucesos intenta ser breve, aportando só os datos estritamente necesarios para entender a historia. -Repara en que nun texto narrativo soe haber partes máis descritivas (de espazos ou personaxes), outras propiamente narrativas (onde sucede algo) e outras nas que se fan reflexións ou digresións sobre o sucedido. Distíngueas ben no esquema anterior. 2. PARA INTERPRETAR O TEXTO. -Neste texto narrativo o suceso que se conta é autobiográfico: a perspectiva do narrador e do autor coincide. Intenta revisar do esquema que fixeches antes que apartados responden a unha reflexión do autor e cales a sucesos obxectivos. -Nun relato sempre subxacen ideas de fondo sobre as que o autor/a nos fai reflexionar. É o que se chama o tema e os motivos temáticos do relato. Para descubrilos temos que ir máis alá do suceso e pensar por que ocorreu iso, que consecuencias trouxo que ocorrese iso, que solucións aporta a un conflito, etc. Os temas enúncianse con oracións breves aplicables a máis feitos que os que se contan no relato que lemos e axúdannos a interpretar a fondo o texto. Algúns exemplos son: "Os privilexios e as desigualdades sociais xeran conflitos", "A
  • 9. nostalxia dos recordos fai que episodios conflitivos se tingan de tenrura"... Pensa ti algún máis, facéndote máis preguntas sobre o que ocorre no relato. 3. PARA XULGAR O LIDO -Nun cadro esquematiza o que para ti estivo mal e ben no comportamento dos distintos personaxes: ESTIVO BEN QUE... ESTIVO MAL QUE... MOZOTES DO GALIÑEIRO MACABEU OPERADOR -Intenta extrapolar estes comportamentos a outras situacións distintas da vida, como por exemplo ao que sucede na escola, no fogar familiar...comparando as reaccións deses personaxes cos que ti ves na vida real e extrae conclusións. 4. FINALMENTE, PARA COMPROBAR QUE ENTENDICHES BEN O CONTO, IMOS ESCRIBIR ALGO: -Comezaremos por pensar que ti es o escritor deste conto e queres ter unha lembranza para o Macabeu unha vez que morreu. Redacta o epitafio que recolla os sentimentos que o autor tranmite na parte final da historia. Lembra que ten que ser moi breve, unha liña aproximadamente.: -E para rematar, o obxectivo de toda esta actividade. Sabedes que aínda vive a persoa que se dedicou a acomodador do cine da vila durante moitos anos. Agora xa é unha persoa retirada. Que preguntas lle fariades se vos concedese unha entrevista? Aproveitade todos os coñecementos e reflexións que extraestes da lectura.