SlideShare a Scribd company logo
SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 1
XOVES SANTO (B)
PRIMEIRA LECTURA Ex 12, 1-8. 11-14
Lectura do libro do Éxodo
Naqueles días, o Señor díxolles en Exipto a Moisés e a Aharón:
- Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano. Dicídelle a
toda a comunidade de Israel: "Que no día dez deste mes cadaquén se procure un año
por familia, un por casa. Se a familia é moi pequena para come-lo año enteiro, que se
xunte co seu veciño, co máis próximo á súa casa, de xeito que, tendo en conta o
número de comensais, o año se axuste ó que entre todos poidan comer.
O animal, que será sen defecto, macho e dun ano, procurarédelo entre os años ou entre
os cabritos.
Gardarédelo ata o catorce deste mes e, entre lusco e fusco dese día, inmolarao a
comunidade toda de Israel en asemblea. Colleréde-lo sangue e mollaredes con el as
xambas e o lintel das casas nas que se vai comer.
Comeréde-la carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras
amargas.
Comerédelo deste xeito: A cintura cinguida, as sandalias nos pés, o caxato na man.
Comerédelo ás presas, pois é a Pascua, o Paso do Señor.
Esa noite pasarei eu por todo Exipto e ferirei de morte a tódolos primoxénitos, desde
os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza contra tódolos deuses de Exipto.
Eu, o Señor.
O sangue será o sinal das casas onde vós habitades. En vendo o sangue, pasarei sen me
deter, e así, cando eu fira a Exipto, non vos tocará a vós a praga exterminadora.
Este día quedaravos como lembranza perpetua e faredes nel festa ó Señor. Será festa
de precepto por tódalas xeracións".
SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 2
SALMO RESPONSORIAL Sal 115, 12-13. 15-16bc. 17-18
R/. (cf. 1 Cor 10, 16): O cáliz de bendición é a comuñón do Sangue de Cristo.
¿Con que lle pagarei ó Señor
todo o ben que me fixo?
Alzarei a copa da salvación,
invocando o nome do Señor.
É preciosa ós ollos do Señor
a morte dos seus amigos.
Señor, eu son o teu servo,
servo teu e fillo da túa serva:
¡ti rompíche-las miñas cadeas!
Ofrecereiche un sacrificio de loanza,
invocando o teu nome, Señor.
Cumprirei os meus votos ó Señor,
á vista de todo o seu pobo.
SEGUNDA LECTURA 1 Cor 11, 23-26
Lectura da Primera Carta do Apóstolo San Paulo ós Corintios
Irmáns:
Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que
o entregaron, colleu pan e, despois de dar gracias, partiuno e dixo: "Isto é o meu corpo,
que se entrega por vós; facede isto en memoria miña".
Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: "Esta copa é a Nova Alianza,
no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en memoria miña".
Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciáde-la morte do
Señor, ata que El volva.
SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 3
EVANCEO Xn 13, 1-15
Lectura do Santo Evanxeo segundo Xoán
Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo
para onda o Pai; e xa que amara os seus que estaban no mundo, amounos ata a fin.
E mentres ceaban -xa o Satán lle movera o corazón a Xudas, o de Simón Iscariote,
para que o entregase-, sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans, e que saíra de Deus
e ía onda Deus, ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse
con ela. Despois, botou auga nunha palangana e comezou a lavárlle-los pes ós
discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida.
Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle:
- Señor, ¿vasme ti lava-los pés a min?
Xesús respondeulle:
- O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois.
Pedro replicoulle:
- Ti non me lavara-los pés a min endexamais.
Xesús respondeulle:
- Se non te lavo, non terás parte comigo.
Exclamou Simón Pedro:
- Señor, daquela os pés, as mans e maila cabeza.
Dille Xesús:
- Quen se bañou, non precisa máis que lava-los pes, pois está todo limpo; e vós estades
limpos, aínda que non todos.
Sabía quen o había de entregar: por iso dixo "non todos estades limpos".
Despois de que Xesús lles lavou os pés e vestiu a súa túnica, sentou outra vez e
preguntoulles:
- ¿Comprendéde-lo que fixen convosco? Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e
dicides ben porque o son. Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós
debedes lavárvo-los pés uns a outros.
Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades tamén vós.

More Related Content

PDF
Ordinario16
PDF
Domino III b lecturas
PDF
Corpus lecturas b
PDF
Ordinario21
PDF
Ordinario17
PPS
10º corpo e sangue de cristo b 2012
PPS
PDF
Ordinario16
Domino III b lecturas
Corpus lecturas b
Ordinario21
Ordinario17
10º corpo e sangue de cristo b 2012

What's hot (9)

PPS
III Domingo de Coresma
PPS
XXXIII Domingo
PDF
PPS
33º domingo toc 2013
PPS
PDF
Bolmarzo 2 new
PPS
4 coresma b 2012
PDF
PPT
III Domingo de Coresma
XXXIII Domingo
33º domingo toc 2013
Bolmarzo 2 new
4 coresma b 2012
Ad

Similar to Lecturas b (20)

PDF
Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
PDF
Xoves santo na casa 2020 os tilos
PDF
Pentecostes
PDF
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
PDF
Ordinario20
PDF
PDF
PDF
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
PDF
Galician - The Protevangelion.pdf
PDF
Domingo iv b lecturas
PDF
Ordinario22
PDF
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
PDF
V domingo coresma 2020 na casa
PDF
Galician - Testament of Zebulun.pdf
PDF
Venres Santo
PDF
PDF
PPS
3º coresma c 2013
PDF
Ordinario26
PPTX
Galician (Galego) - The Precious Blood of Jesus Christ - O Sangue Precioso de...
Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Pentecostes
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
Ordinario20
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
Galician - The Protevangelion.pdf
Domingo iv b lecturas
Ordinario22
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
V domingo coresma 2020 na casa
Galician - Testament of Zebulun.pdf
Venres Santo
3º coresma c 2013
Ordinario26
Galician (Galego) - The Precious Blood of Jesus Christ - O Sangue Precioso de...
Ad

More from Manuel Lage Lorenzo (20)

DOCX
Plano biblio
PDF
Ordinario23
PDF
Ordinario19
PDF
Lecturas domingo xviii b
PDF
Papa francesco 20150624-udienza-generale
PDF
Ordinario14
PDF
Papa francesco 20150617-udienza-generale
PDF
Ordinario13
PDF
La familia 18 familia e enfermidade
PDF
Ordinario12
PDF
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
PDF
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
PDF
Lecturas domingo x to b
PDF
Pasatempo corpus
PDF
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
PDF
Sen título 1
PDF
15 evan-ord-9-b-trinidad
PDF
Papa francesco 20150527-udienza-generale
PDF
PDF
Pasatempos pentecoste
Plano biblio
Ordinario23
Ordinario19
Lecturas domingo xviii b
Papa francesco 20150624-udienza-generale
Ordinario14
Papa francesco 20150617-udienza-generale
Ordinario13
La familia 18 familia e enfermidade
Ordinario12
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
Lecturas domingo x to b
Pasatempo corpus
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Sen título 1
15 evan-ord-9-b-trinidad
Papa francesco 20150527-udienza-generale
Pasatempos pentecoste

Lecturas b

  • 1. SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 1 XOVES SANTO (B) PRIMEIRA LECTURA Ex 12, 1-8. 11-14 Lectura do libro do Éxodo Naqueles días, o Señor díxolles en Exipto a Moisés e a Aharón: - Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano. Dicídelle a toda a comunidade de Israel: "Que no día dez deste mes cadaquén se procure un año por familia, un por casa. Se a familia é moi pequena para come-lo año enteiro, que se xunte co seu veciño, co máis próximo á súa casa, de xeito que, tendo en conta o número de comensais, o año se axuste ó que entre todos poidan comer. O animal, que será sen defecto, macho e dun ano, procurarédelo entre os años ou entre os cabritos. Gardarédelo ata o catorce deste mes e, entre lusco e fusco dese día, inmolarao a comunidade toda de Israel en asemblea. Colleréde-lo sangue e mollaredes con el as xambas e o lintel das casas nas que se vai comer. Comeréde-la carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras amargas. Comerédelo deste xeito: A cintura cinguida, as sandalias nos pés, o caxato na man. Comerédelo ás presas, pois é a Pascua, o Paso do Señor. Esa noite pasarei eu por todo Exipto e ferirei de morte a tódolos primoxénitos, desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza contra tódolos deuses de Exipto. Eu, o Señor. O sangue será o sinal das casas onde vós habitades. En vendo o sangue, pasarei sen me deter, e así, cando eu fira a Exipto, non vos tocará a vós a praga exterminadora. Este día quedaravos como lembranza perpetua e faredes nel festa ó Señor. Será festa de precepto por tódalas xeracións".
  • 2. SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 2 SALMO RESPONSORIAL Sal 115, 12-13. 15-16bc. 17-18 R/. (cf. 1 Cor 10, 16): O cáliz de bendición é a comuñón do Sangue de Cristo. ¿Con que lle pagarei ó Señor todo o ben que me fixo? Alzarei a copa da salvación, invocando o nome do Señor. É preciosa ós ollos do Señor a morte dos seus amigos. Señor, eu son o teu servo, servo teu e fillo da túa serva: ¡ti rompíche-las miñas cadeas! Ofrecereiche un sacrificio de loanza, invocando o teu nome, Señor. Cumprirei os meus votos ó Señor, á vista de todo o seu pobo. SEGUNDA LECTURA 1 Cor 11, 23-26 Lectura da Primera Carta do Apóstolo San Paulo ós Corintios Irmáns: Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan e, despois de dar gracias, partiuno e dixo: "Isto é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria miña". Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: "Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en memoria miña". Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciáde-la morte do Señor, ata que El volva.
  • 3. SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 3 EVANCEO Xn 13, 1-15 Lectura do Santo Evanxeo segundo Xoán Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo para onda o Pai; e xa que amara os seus que estaban no mundo, amounos ata a fin. E mentres ceaban -xa o Satán lle movera o corazón a Xudas, o de Simón Iscariote, para que o entregase-, sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans, e que saíra de Deus e ía onda Deus, ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse con ela. Despois, botou auga nunha palangana e comezou a lavárlle-los pes ós discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida. Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle: - Señor, ¿vasme ti lava-los pés a min? Xesús respondeulle: - O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois. Pedro replicoulle: - Ti non me lavara-los pés a min endexamais. Xesús respondeulle: - Se non te lavo, non terás parte comigo. Exclamou Simón Pedro: - Señor, daquela os pés, as mans e maila cabeza. Dille Xesús: - Quen se bañou, non precisa máis que lava-los pes, pois está todo limpo; e vós estades limpos, aínda que non todos. Sabía quen o había de entregar: por iso dixo "non todos estades limpos". Despois de que Xesús lles lavou os pés e vestiu a súa túnica, sentou outra vez e preguntoulles: - ¿Comprendéde-lo que fixen convosco? Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e dicides ben porque o son. Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavárvo-los pés uns a outros. Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades tamén vós.