SlideShare a Scribd company logo
MARC TAEGER
Teo Calvar Parada, 6º A
Bore Castro Freire, 6º A
Jairo Parada Pastoriza, 6º A
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA- BUEU
2014-2015
MARC TAEGER
Marc Taeger naceu en Berna,
Suíza, o 26 de maio de 1963.
Estudou Comunicación Visual
nas especialidades de
Deseño Gráfico e Ilustración
na Universidade de Trier,
Alemaña, e completou
estudos de Deseño Gráfico
en Barcelona.
MARC TAGER
Despois de vivir en Alemaña, Italia e Portugal, instalouse en
España en 1975.
Cando levaba vinte anos vivindo en Barcelona, a súa
intención era por rumbo a Portugal, onde xa vivira de
pequeno; pero un traballo en Santiago de Compostela e o bo
trato que recibiu alí, fixérono cambiar de opinión e quedar en
Galicia.
MARC TAEGER
Tras varios anos vivindo en
Vigo e Marín, agora está
afincado en Bueu, onde vive
coa súa familia.
Coordina, xunto coa súa
muller, Olalla González, que
ademais é mestra, a Casa K
de Bueu. Nela desenvolven
gran cantidade de actividades
culturais e de animación á
lectura para os nenos e nenas
da nosa vila.
Na nosa escola, temos a
sorte de contar coa súa
colaboración na organización
de charlas, contacontos,
concursos...
MARC TAEGER
Actualmente traballa desde
Galicia como ilustrador e
deseñador para medios de
comunicación, axencias de
publicidade, editoriais,
institucións e prensa escrita.
Ademais, fai escultura e
labores de tradución.
PREMIOS
Ao longo da súa traxectoria recibiu diversos galardóns,
sobre todo relacionados co mundo da publicidade, o
deseño gráfico e a ilustración.
Entre eles destacan:
-Premio da asociación de ilustradores de Cataluña por
un traballo multimedia.
PREMIOS
-Premio LAUS (recibiu catro) que outorga a Asociación de
Diseñadores Gráficos.(ADG-FAD)
-Premio JUNCEDA de Ilustración Aplicada a Multimedia.
(2003)
-Primer Premio Daniel Gil na categoría de libro infantil.
(2005)
-Diploma no premio Daniel Gil de diseño editoriana
categoría de ilustración .
EXPOSICIÓNS
O seu traballo, que abrangue a animación, a pintura, a
literatura infantil e xuvenil, a escultura e a obra gráfica.
As súas creacións foron expostas en numerosas ocasións
en distintos países do mundo: Luxemburgo, Alemaña, China,
Costa Rica, España e Francia.
EXPOSICIÓNS
Entre as exposicións organizadas en
España destacan:
-Blue Book Group, na sala En Caché,
en Santiago de Compostela (2010)
-NubE de tAGS , na Ras Gallery
Barcelona (2011)
-GARBANCITO Y OTROS CUENTOS
na biblioteca pública de Zamora (2012)
OBRAS
Para crear as súas obras usa o que
encontra ao seu paso creando nelas un
caos organizado.
O toque final dállo ese punto de ironía que
utiliza en moitas das súas ilustracións.
Nalgúns dos seus últimos traballos
empregou unha técnica completamente
artesanal, o linogravado.
OBRAS
Gusta moito a expresividade dos seus trazos, a
alegría e a calor que desprenden as súas obras
que a pesar de estar enfocadas, na maior parte
dos casos, a un público infantil – xuvenil gustan á
gran maioría pola súa espontaneidade.
ESTAS SON ALGUNHAS DAS
SÚAS OBRAS:
-O seu deseño da colección de narrativa da
editorial FAKTORÍA K .
-E as súas ilustracións para os álbums infantís da
editorial KALANDRAKA.
AGRADECEMENTOS
Queremos agradecer a Marc Taeger e á súa
familia, a amabilidade e a xenerosidade coas que
nos axudaron a facer este traballo.

More Related Content

PDF
Expocómic 2010
ODP
PDF
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
PPTX
Presentación O tempo made in ´Bueu
PPTX
Pablo Picasso
PPTX
Manolo Otero Cabanelas
ODP
Salvador Dalí
Expocómic 2010
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
Presentación O tempo made in ´Bueu
Pablo Picasso
Manolo Otero Cabanelas
Salvador Dalí
Ad

Marc Taeger

  • 1. MARC TAEGER Teo Calvar Parada, 6º A Bore Castro Freire, 6º A Jairo Parada Pastoriza, 6º A CEIP PLURILINGÜE A PEDRA- BUEU 2014-2015
  • 2. MARC TAEGER Marc Taeger naceu en Berna, Suíza, o 26 de maio de 1963. Estudou Comunicación Visual nas especialidades de Deseño Gráfico e Ilustración na Universidade de Trier, Alemaña, e completou estudos de Deseño Gráfico en Barcelona.
  • 3. MARC TAGER Despois de vivir en Alemaña, Italia e Portugal, instalouse en España en 1975. Cando levaba vinte anos vivindo en Barcelona, a súa intención era por rumbo a Portugal, onde xa vivira de pequeno; pero un traballo en Santiago de Compostela e o bo trato que recibiu alí, fixérono cambiar de opinión e quedar en Galicia.
  • 4. MARC TAEGER Tras varios anos vivindo en Vigo e Marín, agora está afincado en Bueu, onde vive coa súa familia. Coordina, xunto coa súa muller, Olalla González, que ademais é mestra, a Casa K de Bueu. Nela desenvolven gran cantidade de actividades culturais e de animación á lectura para os nenos e nenas da nosa vila. Na nosa escola, temos a sorte de contar coa súa colaboración na organización de charlas, contacontos, concursos...
  • 5. MARC TAEGER Actualmente traballa desde Galicia como ilustrador e deseñador para medios de comunicación, axencias de publicidade, editoriais, institucións e prensa escrita. Ademais, fai escultura e labores de tradución.
  • 6. PREMIOS Ao longo da súa traxectoria recibiu diversos galardóns, sobre todo relacionados co mundo da publicidade, o deseño gráfico e a ilustración. Entre eles destacan: -Premio da asociación de ilustradores de Cataluña por un traballo multimedia.
  • 7. PREMIOS -Premio LAUS (recibiu catro) que outorga a Asociación de Diseñadores Gráficos.(ADG-FAD) -Premio JUNCEDA de Ilustración Aplicada a Multimedia. (2003) -Primer Premio Daniel Gil na categoría de libro infantil. (2005) -Diploma no premio Daniel Gil de diseño editoriana categoría de ilustración .
  • 8. EXPOSICIÓNS O seu traballo, que abrangue a animación, a pintura, a literatura infantil e xuvenil, a escultura e a obra gráfica. As súas creacións foron expostas en numerosas ocasións en distintos países do mundo: Luxemburgo, Alemaña, China, Costa Rica, España e Francia.
  • 9. EXPOSICIÓNS Entre as exposicións organizadas en España destacan: -Blue Book Group, na sala En Caché, en Santiago de Compostela (2010) -NubE de tAGS , na Ras Gallery Barcelona (2011) -GARBANCITO Y OTROS CUENTOS na biblioteca pública de Zamora (2012)
  • 10. OBRAS Para crear as súas obras usa o que encontra ao seu paso creando nelas un caos organizado. O toque final dállo ese punto de ironía que utiliza en moitas das súas ilustracións. Nalgúns dos seus últimos traballos empregou unha técnica completamente artesanal, o linogravado.
  • 11. OBRAS Gusta moito a expresividade dos seus trazos, a alegría e a calor que desprenden as súas obras que a pesar de estar enfocadas, na maior parte dos casos, a un público infantil – xuvenil gustan á gran maioría pola súa espontaneidade.
  • 12. ESTAS SON ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS: -O seu deseño da colección de narrativa da editorial FAKTORÍA K . -E as súas ilustracións para os álbums infantís da editorial KALANDRAKA.
  • 13. AGRADECEMENTOS Queremos agradecer a Marc Taeger e á súa familia, a amabilidade e a xenerosidade coas que nos axudaron a facer este traballo.