1. PREGUNTAS EXAME
1)A) Pon exemplos de cristais formados por:
- Solidificación de materiais fundidos:
-Sublimación de sustancias disolvidas en gases:
-Precipitación química a partires dunha disolución acuosa:
B) O granito presenta cristais ben formados , mentras que o basalto ten só algún cristais
grandes nunha matríz microcristalina ou vítrea.Explica por que.
C)Que outros factores inflúen na formación de cristais? EXPLÍCAOS.
3) A) Explica o que é :
- Punto de sólidus.
- Punto de líquidus:
- Anatexia:
B) Explica as tres causas de que unha rocha se funda.
4)A) Entre que intervalos de temperatura se dan os fenómenos metamórficos?
B)Por que os gneis presentan bandas claras e oscuras?
C)Indica que factores actúan nos seguintes tipos de metamorfismo , que tipo de rochas se
forman en cada caso e en que lugares se poden dar:
-Metamorfismo de contacto:
-Metamorfismo dinámico:
- Metamorfismo rexional ou termodinámico:
5)A) A que chamamos textura dunha rocha?
B)Indica o que é unha textura vítrea, vacuolar e pon algún exemplo de rochas con estas
texturas.
C) Pon algún exemplo de rocha metamórfica que non teña textura con foliación.
6)A) Explica que cambios se producen nas rochas durante o metamorfismo.
B) Explica en que consiste a foliación e como se produce.Pon exemplos de rochas con
foliación.
2. 7) No metamorfismo rexional a partir dunha rocha ,por exemplo, sedimentaria ,pódese formar
unha serie de rochas metamórficas de distinto grado.Unha destas series metamórficas está
formada, entre outras por: gneis filita,xistos , e lousas.
A)Ordena estas rochas de maior a menor grao de metamorfismo.
B) A partir de que rocha se formaria esta serie metamórfica?
C) En que lugares da Terra se pode dar este tipo de metamorfismo?
8)A) Indica entre que temperaturas se considera que se dan os cambios metamórficos.
B) Indica a partir de que rochas se forman as corneanas, o mármore e a cuarcita.