2. ¿Que é o Proxecto ABALAR?
– O Proxecto Abalar ten a súa orixe na palabra celta "Abal", que
significa mazá, a froita da sabedoría, e no termo galego "Abalar"
para transmitir a mensaxe de promover e facilitar o movemento,
o cambio e a transformación na educación.
– Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para
a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia,
como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria.
– Abalar é unha estratexia educativa global e
integradora, definida con obxectivos claramente determinados
para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das
competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un
cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación
do profesorado e na modernización do ensino.
3. ¿Por que nos interesa?
• A estratexia do proxecto Abalar xira arredor
do concepto de centro educativo dixital. O
centro educativo dixital supera o concepto de
centro educativo tradicional e persegue dispor
de recursos humanos e pedagóxicos, así como
de infraestruturas e servizos axeitados para o
uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os
axentes da comunidade educativa, na
actividade docente, de aprendizaxe e
administrativa.