Federación de Traballadores
                      do Ensino                                          Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE
                      Comisión Executiva Nacional




                  “POLA NEGATIVA A UN PROXECTO DE DECRETO DA
                  LINGUA QUE CONDICIONE A PRÁCTICA DOCENTE”

                                                    MANIFESTO

                    Co obxectivo de negociar as denominadas bases para o
              borrador do decreto do plurilingüismo no ensino non
              universitario de Galicia FETE-UGT, presentou inicialmente un
              total de dezaoito emendas que posibilitasen a xeración dun
              decreto de normalización cunha ampla base de consenso.

                   O actual proxecto do decreto do plurilingüismo pasou
              pola Mesa Sectorial onde foi rexeitado polo conxunto das
              organización sindicais (agás ANPE), manifestando o noso
              desacordo co abandono        da Mesa. Posteriormente, no
              Consello Escolar de Galicia, FETE-UGT votou en contra do
              proxecto do decreto sendo este rexeitado contundentemente
              por 24 votos fronte a 16.

                    O denominado decreto do plurilingüismo non pode
              afectar á práctica docente, é dicir, ás condicións laborais de
              corenta mil traballadores na nosa comunidade.

                     Dende a FETE-UGT consideramos inaceptable que a
              opinión dos pais poidan incidir directamente no proxecto
              curricular dun centro. É innegable que a colaboración dos
              pais é fundamental e necesaria para a educación dos seus
              fillos, a súa opinión debe ser sempre escoitada pero non
              pode determinar a lingua en que se deben impartir as
              materias de cada curso, é dicir, a súa opinión non pode
              ser vinculante.

                   Corresponde á Administración Educativa e non o
              Consello Escolar      establecer as     materias que deben
              impartirse en castelán e en galego, mantendo sempre a
              porcentaxe explicitada nas normas que obran sobre a lingua
              en Galicia para evitar o caos organizativo e pedagóxico que



                             As túas reivindicacións, o noso compromiso
•   R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33
                             galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es
Federación de Traballadores
                      do Ensino                                          Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE
                      Comisión Executiva Nacional




       de seguro se xerará nos centros, producindo        polo tanto o
       deterioro das condicións laborais dos docentes en Galicia.

            Outro punto que afecta ao labor docente, co que non
       podemos estar de acordo, é a posibilidade que outorga o actual
       proxecto de decreto de empregar a lingua oficial que queira o
       alumno, con independencia da lingua na que se imparta a
       materia.

             Finalmente queremos, porque así nolo dicta o sentido
       común e o máis básico razoamento lingüístico, que non se deben
       impartir menos horas lectivas en lingua galega que en lingua
       castelá. Débese garantir que o 50% das horas lectivas se
       impartan en galego. Asemade engadir que NON SOBREVIVIRÁ
       NINGÚN PLAN LINGÜÍSTICO QUE FUXA DO CONSENSO. Daquela
       entraremos nunha alternancia permanente de cambios en función
       da cor política do goberno.

             Dende a FETE-UGT iniciamos unha campaña de recollida de
       sinaturas en apoio a este manifesto, que logo serán trasladadas á
       Consellería de Educación e á Mesa de Sectorial para fortalecer as
       reivindicacións do profesorado galego.




                             As túas reivindicacións, o noso compromiso
•   R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33
                             galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es

More Related Content

PDF
Emendas UXT Decr Galego
PDF
Nº 21 outubro 2010 en galego,...máis e mellor
PDF
Queremos Galego2
PDF
Queremos Galego2
PDF
Cig informa queremos galego2
PDF
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm
PDF
Rolda De Contactos3[1]
PDF
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Emendas UXT Decr Galego
Nº 21 outubro 2010 en galego,...máis e mellor
Queremos Galego2
Queremos Galego2
Cig informa queremos galego2
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm
Rolda De Contactos3[1]
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...

Similar to Manifesto (20)

PDF
Cig informa sentenza
PDF
Ditame Ccg Bases Decreto
PDF
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
PDF
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
PDF
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
PDF
Galego Recurso
PDF
Perseguir o galego
PDF
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
PDF
Galego consellos escolares
PDF
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
PDF
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
PPT
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
PDF
Prazas de fp
PDF
Folga 21 de setembro[1]
PDF
Posicionamento PúBlico Endl
PPT
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
PPT
Decreto Plurilingüismo
PPT
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
PPT
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
Cig informa sentenza
Ditame Ccg Bases Decreto
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
Galego Recurso
Perseguir o galego
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
Galego consellos escolares
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Prazas de fp
Folga 21 de setembro[1]
Posicionamento PúBlico Endl
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Decreto Plurilingüismo
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
Ad

Manifesto

  • 1. Federación de Traballadores do Ensino Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE Comisión Executiva Nacional “POLA NEGATIVA A UN PROXECTO DE DECRETO DA LINGUA QUE CONDICIONE A PRÁCTICA DOCENTE” MANIFESTO Co obxectivo de negociar as denominadas bases para o borrador do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia FETE-UGT, presentou inicialmente un total de dezaoito emendas que posibilitasen a xeración dun decreto de normalización cunha ampla base de consenso. O actual proxecto do decreto do plurilingüismo pasou pola Mesa Sectorial onde foi rexeitado polo conxunto das organización sindicais (agás ANPE), manifestando o noso desacordo co abandono da Mesa. Posteriormente, no Consello Escolar de Galicia, FETE-UGT votou en contra do proxecto do decreto sendo este rexeitado contundentemente por 24 votos fronte a 16. O denominado decreto do plurilingüismo non pode afectar á práctica docente, é dicir, ás condicións laborais de corenta mil traballadores na nosa comunidade. Dende a FETE-UGT consideramos inaceptable que a opinión dos pais poidan incidir directamente no proxecto curricular dun centro. É innegable que a colaboración dos pais é fundamental e necesaria para a educación dos seus fillos, a súa opinión debe ser sempre escoitada pero non pode determinar a lingua en que se deben impartir as materias de cada curso, é dicir, a súa opinión non pode ser vinculante. Corresponde á Administración Educativa e non o Consello Escolar establecer as materias que deben impartirse en castelán e en galego, mantendo sempre a porcentaxe explicitada nas normas que obran sobre a lingua en Galicia para evitar o caos organizativo e pedagóxico que As túas reivindicacións, o noso compromiso • R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33 galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es
  • 2. Federación de Traballadores do Ensino Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE Comisión Executiva Nacional de seguro se xerará nos centros, producindo polo tanto o deterioro das condicións laborais dos docentes en Galicia. Outro punto que afecta ao labor docente, co que non podemos estar de acordo, é a posibilidade que outorga o actual proxecto de decreto de empregar a lingua oficial que queira o alumno, con independencia da lingua na que se imparta a materia. Finalmente queremos, porque así nolo dicta o sentido común e o máis básico razoamento lingüístico, que non se deben impartir menos horas lectivas en lingua galega que en lingua castelá. Débese garantir que o 50% das horas lectivas se impartan en galego. Asemade engadir que NON SOBREVIVIRÁ NINGÚN PLAN LINGÜÍSTICO QUE FUXA DO CONSENSO. Daquela entraremos nunha alternancia permanente de cambios en función da cor política do goberno. Dende a FETE-UGT iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a este manifesto, que logo serán trasladadas á Consellería de Educación e á Mesa de Sectorial para fortalecer as reivindicacións do profesorado galego. As túas reivindicacións, o noso compromiso • R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33 galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es