“ O cambio de moeda ó longo do século XIX en España” Inés Barbeito Cal.  2ºA. Nº1.
Século XIX: Carlos IV de Borbón Xosé I Bonaparte Fernando VII de Borbón Isabel II de Borbón O Goberno Provisional Amadeo I de Savoia Carlos VII A Primeira República española Afonso XII (a Restauración) Ó longo do século XIX o sistema monetario foi o Real, ata que, durante o Goberno Provisional, decidiron acuñar outra moeda, a peseta.
Carlos IV  Moedas de prata, O Real Moedas de cobre, O Real O escudo destas moedas é o propio da dinastía Borbónica, é dicir, dividido en catro partes, que se identifican cos catro reinos españois (Castela a Mancha, Castela e León, Aragón e Navarra; e, ademais, ó final está representada o reino de Granada), no centro o símbolo da dinastía Borbónica, e por último, a coroa (que simboliza a monarquía) arriba do escudo. Carlos IV comeza a reinar en España a principios do século XIX, constituíndo o fin do Antigo Réxime en España, e facéndolle fronte a unha crise (monárquica, económica e como efecto da revolución francesa). Reinará cunha monarquía absoluta, pero rexéndose pola razón, xa que é ilustrado.
Xosé I Moedas de prata ( a peseta) Moedas de cobre (Os Cuartos) Moedas de ouro (O Real) Nestas moedas obsérvase un cambio no escudo español. Neste caso, aparece dividido en seis partes (cando normalmenet aparece dividido en catro)  e no medio a aguia que identifica ós Bonaparte (en lugar do símbolo dos Borbóns). O resultado desta crise é a Guerra de Independencia, na cal se diferencian dous bandos: un primeiro derivado da posición de Napoleón (Xosé I), e un segundo, que compoñen os grupos dirixentes e as masas populares (patriotas). Finalmente,  instálase no poder Xosé I, que goberna cun carácter autoritario, autolimitando o seu poder voluntariamente co Estatuto Real.
Fernando VII  (1814-1833) Moedas de ouro (O Real). Nesta moeda xa se aprecia a volta ó absolutismo (que se basea en que a lexitimidade do poder no monarca é de orixe divino, é dicir, é Dios quen decide ó soberano), xa que ten inscrita a frase “Por la gracia de Dios”. O escudo que emprega volve ser o da dinastía Borbónica, xa que el é un Borbón. Moedas de prata (O Real) Esta moeda foi acuñada no 1820 (é dicir, ó inicio do trienio liberal consecuencia dunha revolución burguesa). Xa non ten inscrito “Por la gracia de Dios”, marca absolutista. Moeda de cobre (os cuartos) Posteriormente, tras o reinado de Xosé I e a Constitución de Cádiz (1812), sería Fernando VII quen devolvese o absolutismo a España dividindo o seu reinado en tres períodos (sexenio absolutista, trienio liberal e década ominosa).
Isabel II (1833-1844/1844-1856/1856-1868) Moedas de prata (O Real). Durante o primeiro período no que reina a través de rexencias, obsérvase unha alternancia entre o liberalismo doutrinario e o democrático. Posteriormente, cando chega á maioría de idade (1844), decídese facer de España unha monarquía doutrinaria constitucional, é dicir que as decisións do monarca están limitados por unha constitución (así é que a moeda ten inscrito: “ Isabel II por la gracia de dios y la constitución”), declarando tamén a confesionalidade do Estado. Dende 1854 ata 1856 proclámase o bienio progresista. E, finalmente, dende 1856 ata 1868, a década moderada-unionista. Moedas de cobre (O Real). O escudo que presenta esta moeda segue sendo o escudo dos Borbóns, xa que ela é Isabel II de Borbón. Fernando VII morre sen sucesión masculina, o que provoca un enfrontamento entre os partidarios da súa filla Isabel II e os do seu irmán Carlos, absolutista  (inicio das Guerras Carlistas). Finalmente será Isabel II quen reine, antes de ser maior de idade, por medio de rexencias.
Goberno Provisional (1868-1870) Moedas de prata, a peseta Será o Goberno Provisional (cuxo rexente é Serrano) quen, coincidindo parte do que piden na revolución para encauzala dentro dos intereses da burguesía (xa que esta revolución de 1868 estábase radicalizando cada vez máis), decide adoptar como unha das medidas económicas a acuñación da peseta como unidade monetaria. Moedas de cobre, a peseta O escudo empregado na moeda cambia. A Coroa que representaba a monarquía é sustituida por un muro (que simboliza a soberanía nacional), xa que non querían adiantarse a cal sería a nova forma política española que haberiá despois desta revolución contra a dinastía Borbónica (durante este período, España carece de Rei, e no seu lugar, ten a Serrano como rexente). Por outra banda, o escudo non ten o símbolo que identifica á dinastía borbónica, pois este é eliminado. España é identificada como unha muller, que leva unha balanza na man, que simboliza a xustiza. En 1868, o reinado de Isabel II desemboca na revolución Gloriosa, por parte dos opositores de Isabel. Isto provoca  a creación dun Goberno Provisional para poder encauzar esta revolución dentro dos intereses burgueses (tendo a Serrano como rexente).
Amadeo I  (1871-1873) Moedas de prata (a peseta) Moedas de cobre (a peseta) Ó entrar Amadeo I de Savoia no poder, hai un cambio de moeda, e tamén, de escudo. Neste caso, o escudo volve ter a Coroa (representación da monarquía) en vez do muro (representación da soberanía nacional). Por outra banda, no centro ten o escudo propio da Casa de Savoia (unha cruz prateada). En 1871, xa que a Constitución española de 1869 definira a España como unha monarquía, e dado que a maioría dos partidos eran antiborbónicos, decidiron buscar un rei doutra dinastía. Este sería Amadeo I de Savoia, que defenderá un modelo de monarquía constitucional democrática e parlamentaria.
Carlos VII Moedas de cobre (a peseta) Moedas de prata (a peseta) O carlismo defende o antiliberalismo político, é dicir, a alianza entre o trono e o altar (absolutismo monárquico que defende os privilexios da Igrexa) e o foralismo (defende os dereitos de cada un dos reinos de España) e o antiliberalismo económico (non hai propiedade privada, pero mantéñense institucións que lles permitan sobrevivir ós campesiños). Isto obsérvase na inscripción da moeda, que pon: “Dios. Patria. Rey”, xa que é unha monarquía absoluta, a lexitimidade do monarca vén dada por Dios, polo tanto, é de orixe divina. O escudo ten o símbolo que identifica á dinastía borbónica no centro, xa que el é un Borbón. Tamén ten unha Coroa, que simboliza á monarquía. En 1872 estala a III Guerra Carlista, especialmente no País Vasco e en Navarra, defendendo a Carlos VII como monarca. Esta monarquía sería a volta ó absolutismo, a loita fronte ó capitalismo, o foralismo e a secularización. Aínda así, nunca conseguirá chegar ó trono español.
Iª República (1873-1874) Moedas de ouro, de prata e de cobre, a peseta O escudo volve ser cambiado. Neste caso emprégase o que xa fora empregado durante o Goberno Provisional (non existe o símbolo que identifica á dinastía borbónica no centro do escudo, e en vez dunha Coroa, hai un muro, que representa a soberanía nacional). Por outra banda, España é simbolizada por unha muller que ten na man unha balanza. Esta balanza identifica á xustiza. En 1873, a monarquía de Amadeo I fracasa debido á existencia dun contexto bélico (III Guerra Carlista e a Guerra en Cuba) e a falta de apoios. Neste momento, por primeira vez inténtase un modelo democratizador da política española, unha República federal.
Afonso XII (1875-1885) Moedas de ouro e de prata, a peseta Afonso XII instala en España unha monarquía constitucional doutrinaria, na que o monarca é a peza clave do sistema. Debido a iso o escudo da moeda volve cambiar. En lugar de España representada como unha muller, aparece el, en lugar do muro que representa a soberanía nacional, aparece de novo a Coroa, símbolo da monarquía (defende un modelo de soberanía compartida entre o Rei e as Cortes), e volve estar presente no centro do escudo español o símbolo que representa a dinastía borbónica (xa que el é o fillo de Isabel II de Borbón). A moeda ten inscrito “Alfonso XII, por la gracia de Dios y la constitución de España”, isto é debido a que a monarquía do momento é unha monarquía constitucional doutrinaria, é dicir, que o seu poder está limitado por unha Constitución (a Constitución de 1876). Dado que pon “por la gracia de Dios”, Afonso XII declara a confesionalidade do Estado español (malia haber liberdade de cultos). Tras o fracaso da República, debido principalmente ós efectos da guerra (Carlista, de Cuba e cantonal), e ás divisións entre os republicanos; Cánovas comeza un labor publicitario a favor de Afonso, afirmando que defenderá a “paz e a orde” e non reinará como ningún dos monarcas anteriores nin como na república, senon que acadará a estabilidade do país. Finalmente, remata conseguindo o trono, defendendo unha postura liberal doutrinaria, e comezando así a Restauración, baixo os principios do pensamento canovista.
Inés Barbeito Cal.  2ºA. Nº1.

More Related Content

PDF
Vocabulario Historia España ABAU
PPSX
A IDADE MODERNA
PPSX
Hispania romana. Lidia
PPT
Unidade 10 roma
PPT
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
PPT
Unidade 10 crise do imperio español
PPT
Unidade 9 imperio español
PPT
renacemento 110517020217-phpapp02
Vocabulario Historia España ABAU
A IDADE MODERNA
Hispania romana. Lidia
Unidade 10 roma
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 9 imperio español
renacemento 110517020217-phpapp02

What's hot (20)

PPSX
"Hispania Romana" por Marina
PDF
Vocabulario ABAU 2017 2018
PPTX
Arte contemporánea ata as primeiras vangardas
PPT
Unidade 8. A guerra civil española
PPT
Unidade 7 a época dos descubrimentos
PPT
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
PPT
Unidade 8 renacemento
PPSX
Os romanos. Por Uxía
PDF
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
PPT
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
PPT
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
PPT
Unidade 9 grecia
PPT
España no século XVIII
PPT
España baixo a Casa de Austria
PDF
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
PPT
Tema XII Roma 1ª parte
PPT
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
PDF
14c historia dos romanos
PPT
Organización administrativa e ordenación territorial en España
PPT
Tema 9. A Monarquía Hispánica
"Hispania Romana" por Marina
Vocabulario ABAU 2017 2018
Arte contemporánea ata as primeiras vangardas
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 8 renacemento
Os romanos. Por Uxía
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 9 grecia
España no século XVIII
España baixo a Casa de Austria
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema XII Roma 1ª parte
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
14c historia dos romanos
Organización administrativa e ordenación territorial en España
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Ad

Viewers also liked (20)

PPT
Turn Your Customer Experience into Cash Presentation
PPT
My Friends Pp
PDF
Cambodia - more than temples
PDF
CV - GP Singh
PPTX
An Introduction To jQuery
PPT
LinkedIn Profiles That Mean Business
PDF
The Caste System Of Ancient India
PPS
A invasión de Polonia.Hitler e Stalin
PPT
Virun intricate science
PPT
A batalla de Pontesampaio
PPT
Luis XIV. Le Roi Dance
PPTX
Quimbaya turismo y cultura
PPTX
trabajo de computacion clever perugachi
PDF
Intervención en psicología, salud y calidad de vida I
PPTX
Pronombres con crepúsculo
PPT
Act 11 grupo_102058_472_trabajo_final (2)
DOCX
Cartilla
PPTX
Bloque 5 asig.estatal (1)
PPTX
Nati tic
DOCX
Desmonte
Turn Your Customer Experience into Cash Presentation
My Friends Pp
Cambodia - more than temples
CV - GP Singh
An Introduction To jQuery
LinkedIn Profiles That Mean Business
The Caste System Of Ancient India
A invasión de Polonia.Hitler e Stalin
Virun intricate science
A batalla de Pontesampaio
Luis XIV. Le Roi Dance
Quimbaya turismo y cultura
trabajo de computacion clever perugachi
Intervención en psicología, salud y calidad de vida I
Pronombres con crepúsculo
Act 11 grupo_102058_472_trabajo_final (2)
Cartilla
Bloque 5 asig.estatal (1)
Nati tic
Desmonte
Ad

Similar to Monedas século xix. ines barbeito (20)

PDF
Definiciones
DOCX
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
PDF
Comentario sex. democrático
DOCX
Historia de España Composición Isabel II
DOCX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
ODP
O sexenio democrático
PPT
Tema 4. España no século XIX
DOCX
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
PPSX
España no século xix
PPSX
2º eso. traballo investigación1
PPT
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
ODP
Sexenio democrático
PPT
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
PDF
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
PDF
Tema 6 a construción do estado liberal
PPT
A quebra do Antigo Réxime
PPT
Sabela Ii
PPT
EspañA Isabelina
PPT
RestauracióN
PPT
Restauración
Definiciones
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
Comentario sex. democrático
Historia de España Composición Isabel II
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
O sexenio democrático
Tema 4. España no século XIX
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
España no século xix
2º eso. traballo investigación1
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Sexenio democrático
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
Tema 6 a construción do estado liberal
A quebra do Antigo Réxime
Sabela Ii
EspañA Isabelina
RestauracióN
Restauración

More from xiztoria (14)

ODP
Novas tecnoloxías. Os riscos de internet.
PPS
Tempo de ler. Campaña carteis
PPT
Traballo nazismo vanesa vidal penedo
ODP
Traballonazismo iria lopez
PPT
Iconografía da declaración de dereitos do home e
PPT
Iª exposición fqf
PPT
Documentos Restauración
PPS
Exames Isabel Ii
PPS
DéCada M Oderada U Nionista
PPT
Meninas Revisited
PPT
VeláZquez
PPT
Matrimonio Arnolfini
PPT
Lasdesamortizaciones
PPT
Lasdesamortizaciones
Novas tecnoloxías. Os riscos de internet.
Tempo de ler. Campaña carteis
Traballo nazismo vanesa vidal penedo
Traballonazismo iria lopez
Iconografía da declaración de dereitos do home e
Iª exposición fqf
Documentos Restauración
Exames Isabel Ii
DéCada M Oderada U Nionista
Meninas Revisited
VeláZquez
Matrimonio Arnolfini
Lasdesamortizaciones
Lasdesamortizaciones

Monedas século xix. ines barbeito

  • 1. “ O cambio de moeda ó longo do século XIX en España” Inés Barbeito Cal. 2ºA. Nº1.
  • 2. Século XIX: Carlos IV de Borbón Xosé I Bonaparte Fernando VII de Borbón Isabel II de Borbón O Goberno Provisional Amadeo I de Savoia Carlos VII A Primeira República española Afonso XII (a Restauración) Ó longo do século XIX o sistema monetario foi o Real, ata que, durante o Goberno Provisional, decidiron acuñar outra moeda, a peseta.
  • 3. Carlos IV Moedas de prata, O Real Moedas de cobre, O Real O escudo destas moedas é o propio da dinastía Borbónica, é dicir, dividido en catro partes, que se identifican cos catro reinos españois (Castela a Mancha, Castela e León, Aragón e Navarra; e, ademais, ó final está representada o reino de Granada), no centro o símbolo da dinastía Borbónica, e por último, a coroa (que simboliza a monarquía) arriba do escudo. Carlos IV comeza a reinar en España a principios do século XIX, constituíndo o fin do Antigo Réxime en España, e facéndolle fronte a unha crise (monárquica, económica e como efecto da revolución francesa). Reinará cunha monarquía absoluta, pero rexéndose pola razón, xa que é ilustrado.
  • 4. Xosé I Moedas de prata ( a peseta) Moedas de cobre (Os Cuartos) Moedas de ouro (O Real) Nestas moedas obsérvase un cambio no escudo español. Neste caso, aparece dividido en seis partes (cando normalmenet aparece dividido en catro) e no medio a aguia que identifica ós Bonaparte (en lugar do símbolo dos Borbóns). O resultado desta crise é a Guerra de Independencia, na cal se diferencian dous bandos: un primeiro derivado da posición de Napoleón (Xosé I), e un segundo, que compoñen os grupos dirixentes e as masas populares (patriotas). Finalmente, instálase no poder Xosé I, que goberna cun carácter autoritario, autolimitando o seu poder voluntariamente co Estatuto Real.
  • 5. Fernando VII (1814-1833) Moedas de ouro (O Real). Nesta moeda xa se aprecia a volta ó absolutismo (que se basea en que a lexitimidade do poder no monarca é de orixe divino, é dicir, é Dios quen decide ó soberano), xa que ten inscrita a frase “Por la gracia de Dios”. O escudo que emprega volve ser o da dinastía Borbónica, xa que el é un Borbón. Moedas de prata (O Real) Esta moeda foi acuñada no 1820 (é dicir, ó inicio do trienio liberal consecuencia dunha revolución burguesa). Xa non ten inscrito “Por la gracia de Dios”, marca absolutista. Moeda de cobre (os cuartos) Posteriormente, tras o reinado de Xosé I e a Constitución de Cádiz (1812), sería Fernando VII quen devolvese o absolutismo a España dividindo o seu reinado en tres períodos (sexenio absolutista, trienio liberal e década ominosa).
  • 6. Isabel II (1833-1844/1844-1856/1856-1868) Moedas de prata (O Real). Durante o primeiro período no que reina a través de rexencias, obsérvase unha alternancia entre o liberalismo doutrinario e o democrático. Posteriormente, cando chega á maioría de idade (1844), decídese facer de España unha monarquía doutrinaria constitucional, é dicir que as decisións do monarca están limitados por unha constitución (así é que a moeda ten inscrito: “ Isabel II por la gracia de dios y la constitución”), declarando tamén a confesionalidade do Estado. Dende 1854 ata 1856 proclámase o bienio progresista. E, finalmente, dende 1856 ata 1868, a década moderada-unionista. Moedas de cobre (O Real). O escudo que presenta esta moeda segue sendo o escudo dos Borbóns, xa que ela é Isabel II de Borbón. Fernando VII morre sen sucesión masculina, o que provoca un enfrontamento entre os partidarios da súa filla Isabel II e os do seu irmán Carlos, absolutista (inicio das Guerras Carlistas). Finalmente será Isabel II quen reine, antes de ser maior de idade, por medio de rexencias.
  • 7. Goberno Provisional (1868-1870) Moedas de prata, a peseta Será o Goberno Provisional (cuxo rexente é Serrano) quen, coincidindo parte do que piden na revolución para encauzala dentro dos intereses da burguesía (xa que esta revolución de 1868 estábase radicalizando cada vez máis), decide adoptar como unha das medidas económicas a acuñación da peseta como unidade monetaria. Moedas de cobre, a peseta O escudo empregado na moeda cambia. A Coroa que representaba a monarquía é sustituida por un muro (que simboliza a soberanía nacional), xa que non querían adiantarse a cal sería a nova forma política española que haberiá despois desta revolución contra a dinastía Borbónica (durante este período, España carece de Rei, e no seu lugar, ten a Serrano como rexente). Por outra banda, o escudo non ten o símbolo que identifica á dinastía borbónica, pois este é eliminado. España é identificada como unha muller, que leva unha balanza na man, que simboliza a xustiza. En 1868, o reinado de Isabel II desemboca na revolución Gloriosa, por parte dos opositores de Isabel. Isto provoca a creación dun Goberno Provisional para poder encauzar esta revolución dentro dos intereses burgueses (tendo a Serrano como rexente).
  • 8. Amadeo I (1871-1873) Moedas de prata (a peseta) Moedas de cobre (a peseta) Ó entrar Amadeo I de Savoia no poder, hai un cambio de moeda, e tamén, de escudo. Neste caso, o escudo volve ter a Coroa (representación da monarquía) en vez do muro (representación da soberanía nacional). Por outra banda, no centro ten o escudo propio da Casa de Savoia (unha cruz prateada). En 1871, xa que a Constitución española de 1869 definira a España como unha monarquía, e dado que a maioría dos partidos eran antiborbónicos, decidiron buscar un rei doutra dinastía. Este sería Amadeo I de Savoia, que defenderá un modelo de monarquía constitucional democrática e parlamentaria.
  • 9. Carlos VII Moedas de cobre (a peseta) Moedas de prata (a peseta) O carlismo defende o antiliberalismo político, é dicir, a alianza entre o trono e o altar (absolutismo monárquico que defende os privilexios da Igrexa) e o foralismo (defende os dereitos de cada un dos reinos de España) e o antiliberalismo económico (non hai propiedade privada, pero mantéñense institucións que lles permitan sobrevivir ós campesiños). Isto obsérvase na inscripción da moeda, que pon: “Dios. Patria. Rey”, xa que é unha monarquía absoluta, a lexitimidade do monarca vén dada por Dios, polo tanto, é de orixe divina. O escudo ten o símbolo que identifica á dinastía borbónica no centro, xa que el é un Borbón. Tamén ten unha Coroa, que simboliza á monarquía. En 1872 estala a III Guerra Carlista, especialmente no País Vasco e en Navarra, defendendo a Carlos VII como monarca. Esta monarquía sería a volta ó absolutismo, a loita fronte ó capitalismo, o foralismo e a secularización. Aínda así, nunca conseguirá chegar ó trono español.
  • 10. Iª República (1873-1874) Moedas de ouro, de prata e de cobre, a peseta O escudo volve ser cambiado. Neste caso emprégase o que xa fora empregado durante o Goberno Provisional (non existe o símbolo que identifica á dinastía borbónica no centro do escudo, e en vez dunha Coroa, hai un muro, que representa a soberanía nacional). Por outra banda, España é simbolizada por unha muller que ten na man unha balanza. Esta balanza identifica á xustiza. En 1873, a monarquía de Amadeo I fracasa debido á existencia dun contexto bélico (III Guerra Carlista e a Guerra en Cuba) e a falta de apoios. Neste momento, por primeira vez inténtase un modelo democratizador da política española, unha República federal.
  • 11. Afonso XII (1875-1885) Moedas de ouro e de prata, a peseta Afonso XII instala en España unha monarquía constitucional doutrinaria, na que o monarca é a peza clave do sistema. Debido a iso o escudo da moeda volve cambiar. En lugar de España representada como unha muller, aparece el, en lugar do muro que representa a soberanía nacional, aparece de novo a Coroa, símbolo da monarquía (defende un modelo de soberanía compartida entre o Rei e as Cortes), e volve estar presente no centro do escudo español o símbolo que representa a dinastía borbónica (xa que el é o fillo de Isabel II de Borbón). A moeda ten inscrito “Alfonso XII, por la gracia de Dios y la constitución de España”, isto é debido a que a monarquía do momento é unha monarquía constitucional doutrinaria, é dicir, que o seu poder está limitado por unha Constitución (a Constitución de 1876). Dado que pon “por la gracia de Dios”, Afonso XII declara a confesionalidade do Estado español (malia haber liberdade de cultos). Tras o fracaso da República, debido principalmente ós efectos da guerra (Carlista, de Cuba e cantonal), e ás divisións entre os republicanos; Cánovas comeza un labor publicitario a favor de Afonso, afirmando que defenderá a “paz e a orde” e non reinará como ningún dos monarcas anteriores nin como na república, senon que acadará a estabilidade do país. Finalmente, remata conseguindo o trono, defendendo unha postura liberal doutrinaria, e comezando así a Restauración, baixo os principios do pensamento canovista.
  • 12. Inés Barbeito Cal. 2ºA. Nº1.